mastodon.ie is one of the many independent Mastodon servers you can use to participate in the fediverse.
Irish Mastodon - run from Ireland, we welcome all who respect the community rules and members.

Administered by:

Server stats:

1.7K
active users

#materialismo

0 posts0 participants0 posts today

"A pulsão suicida do capitalismo em forma de guerra, de agressão à natureza, de cegueira voluntária diante de todos os sinais de alarme. A pulsão suicida de cada um de nós como indivíduos isolados, sem relação, atomizados. Idiotas, no sentido grego da palavra, autorreferentes, fechados em nós mesmos, incapazes de encontro com os outros"

(Amador Fernández-Savater)

"Lá onde somos convocados a pensar a partir do que nos importa e nos toca, do que vivemos e nos implica vitalmente, desdobra-se sempre uma inteligência. Somos matéria que pensa. A confiança na igualdade das inteligências, na inteligência de qualquer um, é um pressuposto materialista. É possível dirigir-se ao outro, falar com o outro, não para convencê-lo ou seduzi-lo, mas para pensar juntos?"

(Amador Fernández-Savater)

A semana pasada, falando sobre a depredación do territorio, unha persoa moi socialdemócrata, explicou que "por razóns coma isa" é preciso manter un Estado forte. Eu calei porque non tiña gañas de entrar na discusión, por preguiza, mais si que pensei que un razoamento así soamente é posíbel dende o descoñecemento do funcionamento real do Estado.

Moi decotío atopo esta lóxica de "precisamos un Estado que nos defenda". Curiosamente, nestes tempos de retorno do fascismo, mesmo se escoita que o Estado é *necesario* para *deter o fascismo*. E eu non podo estar xa máis esgotada.

Un "Estado forte" para que nos defenda dos macroeólicos? Da desprotección do noso monte? Da sobrepesca no noso litoral? Todo o contrario, é precisamente ese Estado un garante da dinámica extractivista á que nos vemos obrigades, do dereito da patronal sobre os nosos recursos, da desposesión do común, da degradación dos derradeiros remanentes das propiedades comunais... É un feito historicamente analizábel. Si, tamén na Galiza.

Un "Estado forte" para nos defender do fascismo? Todo o contrario, é precisamente a xerarquización e concentración de poderes o que permite o delirio fascita, que é un delirio de fronteirismo, de estatismo, de etnonacionalismo... E foi historicamente o Estado o maior medio de homoxeneización social e censura do subalterno, da cultura diverxente, dos modos de vida non xerarquizados...

Soamente un socialdemócrata cunha visión do Estado desconectada da realidade pode dicir que precisamos un para nos defender. Todo o contrario: precisámonos unhes a outres para nos defender dos demos que as dinámicas do capital alimentan.

Isto lévame tamén a reflexionar sobre unha idealización xeral do Estado coma se dunha mera "ferramenta" se tratase, susceptíbel de ser "tomada" por unha ou outra clase e póla ao seu servizo, unha concepción moi frecuente nos tankies, mais do todo falsa e nada materialista. Do mesmo xeito, esta idea convive cunha visión hegeliana do Estado coma canalizador das contradicións sociais e espazo para a súa resolución. Resulta abraiante o aceptados, polo menos implicitamente, que se atopan estes marcos no público xeral, incluidos círculos socialistas e comunistas.

O Estado non é un mero obxecto, non é un angazo que ti poidas tomar ou emprestar a alguén. O Estado é un ensarillado de relacións sociais reificadas que serven á dominación dunhas persoas sobre as outras. Calquera análise que non tome isto coma punto de partida, non pode ser dita "materialista". Se non observas o modo en que historicamente viron a luz estas relacións, na xénese progresiva do Estado moderno, nas relacións de poder ás que serve... de que modo eres materialista? Se traballas con conceptos incuestionados no baleiro, de que modo pretendes comprender o mundo real?